NACE PÍNTEGA, A REVISTA DO IES CACHEIRAS


Ó abeiro do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística e sustentado por pequeno grupo de alumnado, nace PÍNTEGA, unha publicación dixital que a finais de Marzo se integrará na publicación deste mesmo blog.
 A revista estará integrada por sete seccións:


  • CrEaCcióN (Sección literatura)

  • UnIvErSo CuÁnTiCo (sección ciencia)

  • MuNdO Gaia (sección medio ambiente)


  • PlAnEtA HuMaNo (sección solidariedade)


  • PeRsoAs (sección entrevista e actividades do IES)

  • D-bate (puntos de vista sobre un tema de interese da comunidade escolar)


  • E-moción (noticias e recomendacións sobre música, cine, teatro, publicacións…)

  Estamos en proceso de recopilación de traballos e informacións de interese para a comunidade escolar.

O equipo de redacción está aberto a integrar a tódalas persoas que teñan ganas de participar no labor de recopilar, elaborar e mesmo producir contidos para a revista: reportaxes, artigos, creación literaria, fotografía, ilustración...
Tódalas as persoas interesadas en enviar colaboracións poderán facelo enviando un correo a
ies.cacheiras.rainhalupa@gmail.com
indicando no asunto do correo a palabra píntega

Publicacións populares deste blog

ANTROIDO 2017

PREMIOS CONCURSO DE CALIGRAMAS

ENTROIDO 2020